Os emigrantes retornados saen de novo á rúa

    RIBEIRA> As plataformas de emigrantes retornados de Arousa Norte e Muros-Noia volveron saír hoxe á rúa, como cada último mércores de mes. Ás once da mañá a comitiva de afectados, formada por preto dun centenar de persoas, partiu dende a delegación de Facenda en Ribeira ata a praza do Concello. O percorrido de sempre. Con esta mobilización pretenden poñer de novo o acento no problema que lles afecta, dándolle visualización, para reclamar un trato xusto nas cotizacións das súas pensións que perciben do estranxeiro.