A frota retoma a actividade á espera das medidas compensatorias pola suba do combustible

BARBANZA> Tras case unha semana coa práctica totalidade da flota amarrada a porto, o sector do mar decidiu retomar hoxe a súa actividade e volver a faenar.

Faino despois da reunión mantida en Madrid co ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas, quen lles anunciou a intención do Goberno de artellar unha serie de medidas para paliar a forte suba do prezo do combustible.

Dende a Federación Galega de Confrarías de Pescadores danlle un marxe de confianza ó Ministro, agardando a que as medidas incluídas no ‘Plan de resposta ás consecuencias da guerra en Ucraína’, que se aprobarán o vindeiro 29 de marzo, surtan o seu efecto na flota.

Aínda así, dende o sector entenden que unha das medidas máis efectivas sería a de establecer un tope no prezo do carburantes para a flota.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí