O BNG acusa ao goberno de ocultar unha sentencia da gardería municipal

    bngribeiragarderia_100_09092009.jpgRIBEIRA> Trátase dunha resolución do Tribunal Superior de Galicia na que se declara nula a adxudicación da escola infantil municipal.

    En setembro de 2004 o grupo de goberno de Ribeira decide adxudicar o servizo público da Escola infantil municipal as irmás García Escurís. A empresa que quedou en segundo lugar, Colexio Os Milagros, S.L., presentou un recurso contencioso-administrativo contra o concello de Ribeira nun Xulgado de Santiago, alegando que a unión de dúas persoas físicas non era unha forma xuridica válida para presentarse a este concurso.

    {flowplayer}barbanza/bngribeiragarderia.flv{/flowplayer}

    A sentencia xudicial, emitida en decembro de 2006, resolve a favor da empresa recorrente, declarando nula a adxudicación e obrigando ao concello de Ribeira a entregar a xestión da gardería a empresa Colexio Os Milagros. O concello interpuxo apelou perante o Tribunal Superior de Galicia, que en febreiro do 2009 emitiu sentencia en contra, desestimando así o recurso de apelación.

    Execución da sentencia

    Segundo explicou a concelleira nacionalista, o executivo local non informou aos grupos da oposición dos recursos presentados nin das sentencias emitidas polo que nunha solicitude que veñen de presentar instan ao goberno a que informe sobre o motivo de porque aínda non se executou esta resolución do Tribunal Superior de Galicia, que é definitiva e contra a que non cabe recurso algún.

    Ademáis os nacionalistas de Ribeira critican a hipocresía do alcalde ao admitir hai uns días, nunha visita da Conselleira de Benestar ao municipio, a necesidade dunha nova escola infantil pola existencia de lista de espera cando anteriormente rexeitara dúas mocións do BNG sobre este asunto alegando que as prazas de infantil cubrían a demanda do municipio.

    Sen cambios no funcionamento

    Pola súa banda, dende o concello de Ribeira, explicaron que en ningún momento foi a súa intención ocultar información sobre esta resolución xudicial aos grupos da oposición, simplemente que só se dan a coñecer as sentencias que por Lei deben facerse públicas.

    Fontes municipais sinalaron que respectan esta decisión xudicial pero afirman que a adxudicación cumpría cos informes favorables preceptivos. Aseguran que, polo momento, non haberá un cambio na adxudicataria da escola municipal pois a empresa “Colexio os Milagros SL”, nestes intres, non ten a intención de asumir a súa xestion.

    Deste xeito, a gardería no vindeiro curso seguirá funcionando como ata agora. Asemade, engaden, que xa iniciaron as negociacións coa Consellería de Benestar de cara a construción dunha nova escola infantil no municipio.

    Redacción Barbanza