CCOO denuncia o funcionamento do Servizo de Atención a Domicilio

    denunciaccoo_100_090909.jpgVILAGARCÍA> O sindicato carga contra a empresa concesionaria e contra o concello. A gota que colmou o vaso, o despido improcedente dunha traballadora.

    {flowplayer}images/salnes/090909_denuncia_ccoo.flv{/flowplayer}

    A Lei de Dependencia volve á actualidade e de novo, con críticas á súa aplicación. Desta volta é Comisións Obreiras de Vilagarcía quen denuncia á empresa Clece polo que consideran un incumprimento reiterado da normativa laboral e do decreto da Xunta que regula o servizo de prestación de atención a domicilio. Segundo o sindicato, as traballadoras contratadas por esta entidade carecen de medios técnicos para desempeñar a súa labor, ó que se unen uns salarios de 450 euros conxelados desde o 2006 nos que non se inclúen prestacións básicas.

    Pero desde Comisións Obreiras as críticas non caen só no tellado de Clece. Tanto o sindicato como as traballadoras responsabilizan ó concello de non levar un control rigoroso da actuación da empresa concesionaria nin das persoas dependentes, ademais de non informar ós futuros usuarios sobre o alcance do servizo.

    As traballadoras consideran que a súa situación laboral é insostible, e como mostra o recente despido dunha delas que a propia empresa recoñece como improcedente. O motivo que alegan: incumprimento de contrato.

    Comisións Obreiras anuncia que vai seguir movendo ficha. Primeiro, presentará no concello unha solicitude para que se lle abra un expediente sancionador a Clece por incumprimento da normativa laboral. Logo poñerán en coñecemento da Xunta a situación e finalmente trasladarán a queixa ó Valedor do Pobo.

    Redacción Salnés