Patrimonio investiga os ataques vandálicos aos Castros de Baroña

danoscatrosbarona_100_09092009.jpgPORTO DO SON> Nos últimos días apareceron pedras dos muros amontoadas en distintas formas xeométricas.

Unha absurda moda consistente en construír pequenas pirámides coa pedra dos castros de Baroña está a provocar serios danos neste xacemento arqueolóxico. Xa a pasada semana se detectaron estas prácticas que, segundo o alcalde de Porto do Son, están a repetirse durante os últimos días.

Para evitar que se produzan e identificar aos autores, o concello xa incrementou a vixilancia policial na zona para evitar ademais a acampada que non está permitida no contorno do castro. Así mesmo, xa cursou unha denuncia ante a Dirección Xeral de Patrimonio, que abriu unha investigación.

{flowplayer}barbanza/danoscatrosbarona.flv{/flowplayer}

Plan de conservación

Polo momento descoñécense os motivos que subxacen tras estas agresións ó patrimonio aínda que dende o concello cren que pode tratarse dalgún tipo de expresión artística que, en ningún caso xustifica a degradación dun dos poboados celtas máis importantes de toda Galicia.

Para evitar que estas e outras prácticas danen o xacemento, dende o executivo sonense plantexan como prioridade a elaboración dun plan de conservación dos castros, que restrinxa o acceso e defina os usos. Este cren que é o único modo de manter en condicións un dos principais valores patrimonais, culturais e turísticos do municipio

Redacción Barbanza