A policía infantil de Ribeira abre o camiño para a integración cultural

    policainfantil_100_030706.jpgRIBEIRA > A Policía Local de Ribeira presentou a nova promoción de policías infantís cos que vai contar a localidade durante os meses de verán. No acto, que se celebrou no salón de plenos do concello, estiveron presentes o alcalde ribeirense, Xosé Luis Torres Colomer, o cabo profesor, José Andrés Alonso, así como os pequenos policías e as súas familias.

    Como ven sendo habitual dende hai 11 anos, as rúas de Ribeira estarán vixiadas durante a época estival por un grupo de 18 policías infantís que velarán polo cumprimento da normativa de seguridade vial na localidade. O cabo profesor desta promoción, José Andrés Alonso, destacou o interese dos rapaces pola iniciativa e quixo agradecer a súa constante presencia ás clases.policainfantil_200_030706.jpg

    Pola súa banda, o alcalde de Ribeira, José Luis Torres Colomer, explicou que este ano a policía infantil conta coa incorporación de varios nenos procedentes de países árabes e sudamericanos, o que supón todo un exemplo da boa convivencia entre diferentes razas.

    Os policías infantís recibiron da man do alcalde o carné acreditativo e a máis veterana, Tania Redondo, recibiu uns galardóns especiais por levar 6 anos participando na iniciativa. Posteriormente os rapaces saíron á praza do concello, onde sacaron unha fotografía de grupo co alcalde de Ribeira.

    Redacción Barbanza