NOIA> Os preto de mil cincocentos mariscadores da confraría noiesa colgaron este xoves os seus aparellos. Tras sete meses de actividade pecharon a presenta campaña cunha gran satisfacción ante os bos resultados acadados tanto en facturación como en volume de descargas. Ademais da abundancia de marisco destacou a alta cotización que se mantivo en bos valores ata o final. A gran calidade do recurso e a baixada dos topes durante as últimas semanas contribuíron ó mantemento dos prezos concluíndo cunha facturación histórica a pesar da presenza da toxina que obrigou a paralizar a actividade durante máis dun mes.Os traballadores non volverán ós areais ata o vindeiro mes de setembro cando se abrirá a próxima campaña. As perspectivas, visto o bo estado dos areais, son ben optimistas.
Inicio NOIA