Un grovense desafía á Ría de Arousa e crúzaa a nado

isolino250_090909.jpgGROVE> Un veciño do Grove desafiou esta pasada fin de semana á Ría de Arousa, e cruzouna a nado. Isolino Álvárez completou un traxecto de case nove quilómetros entre Ribeira e a península meca que se fixo moi duro polas correntes e polo frío. O curioso do caso é que non adestra para poder completar estas proezas.

{flowplayer}images/salnes/travesia_090909.flv{/flowplayer} 

Coincindo co cumpreanos da muller, a modo de agasallo e tamén cun punto de tolemia, necesario para completar este tipo de fazañas deportivas, Isolino Álvarez cruzou esta pasada fin de semana a Ría de Arousa. Dende a praia de Castiñeiras, en Ribeira, ata ó Carreiro, no Grove.

Deixou por un día o seu traballo na cafetería Isolino e completou un traxecto de oito quilómetros e medio, que se converteron en máis de once porque se veu arrastrado polas correntes ata a boca da ría. Ó final, máis de cinco horas de travesía,que so él sabe o duras que foron.

Moito máis fácil foi para el a travesía feita dende o Grove ata Ons, en anos anteriores, onde as correntes non o arrastraron. E é que cada verán márcase un reto, e iso que non adestra durante o resto do ano, en parte pola falta dunha piscina na vila. Pero todo isto, non o fai nin moito menos, para acadar fama.

As sobrecargas nos ombreiros e as rozaduras do neopreno son algúns dos efectos secundarios que está a sufrir estes días. Durante a travesía, tamén padeceu síntomas de hipotermia. Por iso, de momento, non quere nin oir falar do seguinte reto.

Redacción Salnés