O Telefónica Negro afúndese no tramo final e remata sexto

volvo250_110609.jpgSALNÉS> Esta madrugada rematou a oitava etapa da Volvo Ocean Race. O gañador, o de case sempre, o Ericcson 4. Foi un final de auténtico infarto no que as diferencias foron mínimas entre uns e outros. O Telefónica Negro, de Echávarri e Paz entrou sexto, mentres que o Azul fixoo na cuarta posición.

{flowplayer}images/salnes/volvo_110609.flv{/flowplayer} 

Calquera cousa podía pasar na lotería na que se convertera o final da etapa entre Galway e Marstrand. As condicións de vento, moi cambiante durante os catro días en intensidade e dirección, fixo que todo estivese moi aberto.

Pese a utilizar diferentes tácticas á hora de atravesar o Canal da Mancha ou ó encarar a costa de Dinamarca, todos entraron nas últimas 80 millas con opcións de victoria, agás o Ericsson 3 que perdía distancia.

O que se levou ó gato ó auga foi o de case sempre, o Ericsson 4 de Torben Grael, que puido reter o liderato que tanto lle custara acadar. Por detrás o Telefónica Azul entraba cuarto, mentres que o Negro facíao sexto, superado nun final agónico polo Delta Lloyd que lle sacou tan só media eslora.

Esta tirada de 1.250 millas foi un auténtico sprint dende a saída. Etapas como esta, fanse moito máis duras para os tripulantes pola súa intensidade, porque os turnos de descanso redúcense á metade e a falta de sono fai mella nos últimos días de navegación. Nesta caso víuse acrecentando por unhas condicións meteorolóxicas que lles obrigaron a facer continuas maniobras mermándoos máis aínda no aspecto físico.

Pero é que agora esta parada en Marstrand será un pit-stop. Na Illa sueca apenas botarán 48 horas e non poderán recibir axuda do equipo de terra para as reparacións do barco de cara a seguinte etapa que lles levará ata Estocolmo.

O Telefónica Azul tentará recuperar a segunda posición perdida hoxe na xeral en favor do Puma, que rematou a etapa segundo e agora lle saca un punto ós de Bekking, cando restan por disputarse 20, 16 correspondentes ás dúas etapas que restan ata San Pettesburgo, e 4 pola costeira de Estocolmo. O Telefónica Negro de Echávarri e Paz continúa sexto con 42 puntos.

Redacción Salnés