O Tenis de Mesa Monte Porreiro xogará, en Pontevedra, a fase de ascenso a Superdivisión

Pontevedra> Os días 21 e 22 de abril e o 7 e 8 de maio, o tenis de mesa ten unha cita importante na cidade. Nesas xornadas o Tenis de Mesa de Monte Porreiro xogará as fases de ascenso a Superdivisión masculina e feminina. Unha cita que se desenvolverá no Pavillón Príncipe Felipe. Os xogadores piden a máxima colaboración cidadá para apoiar, durante eses días, a este equipo pontevedrés.

O Tenis de Mesa Monte Porreiro está a escribir a temporada “máis frutífera” da historia do club coa clasificación de dous equipos, masculino e feminino, de División de Honra para a fase de ascenso á Superdivisión e dun terceiro equipo feminino, de Primeira División ao ascenso a División de Honra. As fases de ascenso, que pode levar ao club de Monte Porreiro ao cumio máis alto do tenis de mesa no conxunto do Estado, xogaranse no Pavillón “Príncipe Felipe”. O día 21 e 22 de abril será a quenda do equipo feminino e o 7 e 8 de maio, a do equipo masculino.

Unha cita moi especial para as xogadoras e xogadores deste equipo…

Xogadores que animaron aos pontevedreses e pontevedresas a achegarse ao pavillón para arroupalos nestes partidos transcendentais.

Unha oportunidade única para desfrutar dun tenis de mesa de alto nivel na cidade de Pontevedra.