O plan contra o absentismo escolar marcará a volta á clase

    absentismoescola2_100_090909.jpgSANXENXO> A partir deste curso, vixiarase a impuntualidade, non atender nas clases, entorpecer as explicacións dos mestres ou deixar os exames en branco.

    {flowplayer}images/salnes/080909_control_absentismo_escolar.flv{/flowplayer}

    As faltas de puntualidade, non atender en clase ou entorpecer as explicacións do mestre son condutas que se poden atopar entre os alumnos dos centros educativos de Sanxenxo. Estes comportamentos son considerados polos expertos como unha modalidade pasiva de absentismo escolar, fronte a activa que sería a falta reiterada de asistencia ás aulas.

    Para corrixir estes comportamentos, o concello, en colaboración coa comunidade educativa do municipio, deseñaron un Plan de Absentismo Escolar que se porá en marcha este curso. Trátase de solucionar estas condutas a tempo, e evitar que deriven en casos de desescolarización.

    De detectarse un caso de absentismo nas aulas, os mestres chamarán ós pais do alumno para entrevistarse con eles. Se o rapaz non rectifica a súa conduta, o caso elevarase ó xefe de estudos e, de non corrixirse, derivaríase a instancias superiores, desde a concellería de Educación ó departamento de Inspección, a Consellería e incluso a Fiscalía de Menores.

    Redacción Salnés