A Xunta anula a instalación da psicifactoría en Laxe Brava

    anulacionpsicifactorialaxe_100_11092009.jpgRIBEIRA> Dende a comisión de propietarios de terreos mostraron a súa satisfacción por esta decisión pero lamentan que se retome o proxecto de Touriñan.

    O Consello da Xunta decidiu, en base a un informe elaborado pola Consellería do Mar, impedir a actividade acuicola nas zonas de Laxe Brava no concello de Ribeira, Merexo en Muxía, Seiruga en Malpica e no lugar camariñés de Xandriña, ao tratarse de zonas nas que non se recomenda a construcción de psicifatorias polo seu impacto na poboación.

    {flowplayer}barbanza/anulacionpsicifactorialaxe.flv{/flowplayer}

    Dende a comisión de propietarios de terreos de Laxe Brava mostraron a súa satisfación por esta decisión Non obstante, Ageitos lamenta que se recupere a planta de cabo Touriñan e que se inclúa a previsión de construir outra psicifactoría en Lires. Pero sobretodo o que máis sinte e que o movemento social que houbo non servise para abrir un debate sobre a lei de expropiación forzosa, que considera totalmente antidemocrática.

    Plan sen rumbo

    Un claro exemplo disto e que o novo plan de acuicultura continúa preservan a alternativa da expropiación do solo se a fórmula da compra de terreos non sae adiante. Por outra banda, dende a Asociacion ecoloxista Adega consideran que a acuicultura en Galicia camiña sen rumbo e non entenden que diferencia hai entre os catro lugares retirados do plan con outras zonas de igual interese medioambiental como Touriñán. Para a Plataforma Medioambiental de Corrubedo estas decisión tomadas pola Xunta non solucionan o problema que supón o modelo acuicola que se pretende impoñen en Galicia, do que só se benefician as multinacionais.

    Redacción Barbanza