A reforma da praza de abastos noiesa iniciarase a primeiros de 2022

NOIA> O executivo noiés informou da adxudicación das obras de reforma na praza de abastos. Na actuación, que será financiada pola Xunta e o propio Concello, investirase máis dun millón de euros.

A reforma integral da praza de abastos de Noia iniciarase nos primeiros meses de 2022. Así o anunciou o alcalde, Santiago Freire, unha vez adxudicadas as obras.

A remodelación do inmoble, na que se investirán máis de un millón de euros que serán financiados ó 50% pola Xunta e o Concello, permitirá consolidar a praza de abastos como motor do comercio local, dándolle unha imaxe máis moderna e reordenando o espazo comercial, mantendo a su morfoloxía actual.

A intención do Concello é que a reforma se execute por fases para interferir o menos posible na propia actividade do mercado.

Nos últimos meses xa se realizou outra actuación complementaria no mercado, que supuxo a instalación dun ascensor, que permitiu mellorar a accesibilidade do edificio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí