![]()
RIANXO> O obxectivo principal é evitar posibles incidentes derivados da masiva afluencia de xente durante o transcurso desta semana festiva.
Rianxo prepárase para acoller durante oito días a miles de visitantes que se desprazan ata a vila para desfrutar das festas da Guadalupe, que se celebrarán no municipio dende o día once de setembro ata o vindeiro día dezaoito. Dende o concello deseñouse un dispositivo especial de tráfico e seguridade para evitar incidentes derivados da masiva afluencia de xente.
{flowplayer}barbanza/dispositivotraficorianxo.flv{/flowplayer}
A policía local xa instalou a sinalización e os elementos viarios que prohiben aparcar durante toda a semana no casco vello e no paseo da Ribeira. Como alternativa, habilitaranse zonas específicas para o estacionamento dos vehículos en diversas fincas públicas e privadas.
En total crearanse tres mil prazas de aparcamento para tentar dar cabida ós numerosos vehículos que chegan ó municipio nestas datas. Ademias establecerase un dispositivo especial de seguridade no que colaboran policía local, garda civil, protección civil e outros efectivos en momentos puntuais.
Os días que máis incidencias se rexistran soen ser o primeiro e o último, coincidindo co pregón e coa cantata, aínda que segundo o xefe da policía local de Rianxo caracterízanse pola súa tranquilidade.
Redacción Barbanza










