A delegada territorial da Xunta participa na sementeira de ameixa da cooperativa Ría de Arosa

BOIRO> A delegada territorial da Xunta na Coruña participou esta mañá nas labores de sementeira de cría de ameixa que desenvolveu a cooperativa Ría de Arosa de Abanqueiro. Estas tarefas foron posible grazas a unha subvención autonómica de 11 mil euros para a adquisición da semente.

A cooperativa Ría de Arousa procedeu esta mañá a sementar 740 mil unidades de ameixa xapónica en tres zonas distintas das súas autorizacións.

A delegada da Xunta na Coruña desprazouse ata as instalacións da cooperativa, situada na parroquia boirense de Abanqueiro, para supervisar os traballos que permitirán contar con ameixa de talla comercial nun prazo de algo máis dun ano. Esta actuación foi posible grazas a unha subvención de concorrencia competitiva da Xunta da que resultou beneficiaria a cooperativa boirense con preto de 12  mil euros.

Belén Docampo subliñou que esta actuación enmárcanse no Plan Integral de Apoio ó sector marisqueiro ó que a Xunta destina neste ano máis de 50 millóns de euros.