A Pobra contará cunha estación marítima en 2010

    estacionmaritimapobra_100_15092009.jpgPOBRA> Portos de Galicia vén de dar os primeiros pasos para comezar coa redacción do proxecto.

    A futura estación marítima de A Pobra estará situada nun novo edificio que se construirá no peirao a carón das instalacións do club Náutico. O obxectivo principal desta actuación é fomentar o transporte de viaxeiros por mar entre as localidade de A Pobra e Vilanova de Arousa. Con esta actuación e cunha liña de barcos de pasaxeiros será posible trasladarse ata Vilanova nun tempo estimado de vinte minutos.

    {flowplayer}barbanza/estacionmaritimapobra.flv{/flowplayer}

    A estación marítima de pasaxeiros contará cunha pequena sala de agardar, despacho de billetes e unha zona de oficinas. Esta previsto que comece a funcionar no verán do vindeiro ano coincidindo coa de Vilanova de Arousa.

    A idea desta actuación xurdiu hai preto de dous meses nun irmanamento que tivo lugar entre estas dúas localidades da ría de Arousa.