O Consorcio do Salnés asina un convenio ca asegurada sanitaria ASISA

    marcos_100.jpgCAMBADOS> O Consorcio de Empresarios do Salnés ofrece dende agora unha nova vantaxe para os seus asociados; un importante desconto co …

    {flowplayer}images/salnes/140909_marcos_cesar.flv{/flowplayer}

     …seguro médico da compañía ASISA, que virá a ser o complemento do sistema de asistencia sanitaria da Seguridade Social. Esta compañía promete asistencia médica por parte de prestixiosos especialistas en todo territorio nacional, entre eles en centros como o Hospital Domínguez de Pontevedra ou a Clínica Rosaleda de Santiago.

    En poucos días, os socios das asociacións comerciais do Salnés que inclúe este consorcio recibirán información dos beneficios que lles pode reportar esta nova oferta.

    Esta ven a ser unha vantaxe máis para os comerciantes asociados; e podería ser un aliciente máis para aqueles que aínda non o son, principalmente nestes tempos de crise nos que é máis necesario que nunca a unidade para superar as dificultades.

    Redacción Salnés