O executivo muradán conclúe as melloras nos accesos a Torea

MUROS> O concello de Muros vén de finalizar a segunda fase das obras de acceso a Pando, na parroquia de Torea. Tan só queda acometer a última fase, xa en proceso de licitación. Os problemas de acceso ó lugar de Pando supoñían un importante problema para os veciños desta aldea muradá dado que a estreitez do camiño impedía o paso de vehículos pesados como por exemplo unha ambulancia ou o camión do lixo. Grazas ó Plan de Mellora de Camiños Municipais da Consellería de Medio Rural acometeuse xa a segunda fase da actuación e tan só queda pendente o treito final, xa en proceso de licitación. A alcaldesa informou que tamén está a piques de concluír a obra de acceso a Torea financiada pola Deputación da Coruña.