PORTO DO SON> A Garda Civil multou a un veciño de Porto do Son ó que lle incautaron dúas escopetas de aire comprimido, unha pistola eléctrica, un revólver de fogueo e tres navallas.
Os feitos tiveron lugar cando un grupo de turistas estranxeiros alertou á Policía Local da presenza dun individuo cun revólver e un táser na praia das Furnas.
Os axentes informaron a Garda Civil, que iniciou un dispositivo para dar co sospeitoso, sendo localizado no interior dun vehículo.
Durante a identificación e rexistro do coche foi cando os axentes se atoparon coas armas.
Os axentes do Instituto Armado procederon á súa incautación e á presentación das correspondentes denuncias por infraccións graves á Lei de Seguridade Cidadá.