Os plenos de Muros poderán seguirse a través da internet

    MUROS> O executivo muradán vén de facer público a través das redes sociais a dirección web que permitirá ver en directo a partir de agora as sesións plenarias. A alcaldesa, María Xosé Alfonso, sinalou que se trata dunha medida de transparencia, ó considerar que a cidadanía ten dereito a coñecer o que votan e o que argumentan os diferentes representantes dos partidos políticos nos plenos. A rexedora muradá referiuse ademais a que esta medida era algo que dende a oposición se lle viña reclamando ó anterior goberno municipal e que levaban no seu programa electoral. O servizo xa estará operativo dende mañá xoves.