![]()
PORTO DO SON> Parte do orzamento do Plan E tamén se destinou a acondicionar o pavillón polideportivo de Santa Irene.
O alcalde de Porto do Son, Manuel Tomé, acompañado da edil de Urbanismo, María Jesús Paz e o de cultura, Carlos Santamaría inaugurou as obras de acondicionamento do polideportivo de San Irene e a cuberta exterior do colexio de Baroña.
{flowplayer}barbanza/cubertacolexiobarona.flv{/flowplayer}
Ámbalas dúas actuacións se realizaron ao abeiro do Plan Anticrise do goberno central e contaron cun orzamento total de máis de setenta e oito mil euros.
Este curso que vén de iniciarse os alumnos do colexio de Baroña poderán sair todos os días ao exterior durante o tempo de recreo, ainda que o tempo non acompañe. A nova estrutura cuberta sobre o campo de xogo era unha actuación moi demandada por profesores e pais e nais de alumnos. A actuación contou cun orzamento de pouco máis de trinta e sete mil euros.
Pequenas actuacións necesarias
En Porto do Son aproveitaron o plan Anticrise para realizar traballos de acondicionamento no polideportivo de Santa Irene. Cos corenta e un mil euros presupostados colocouse nova plaqueta nos vestiarios, unha nova escaleira de acceso, e realizáronse as divisións que faltaban na sala de usos múltiples e na de material. Estas dúas actuacións son as primeiras que se rematan en Porto do Son ao abeiro do Plan E que neste municipio realizou un investimento dun millón setecentos vinte mil euros.
Nos vindeiros meses, tal e como adiantou o alcalde, concluirán as restantes: Entre outras, o acondicionamento de dúas rúas en Portosín, a colocación de gradeiro no polideportivo de Xuño, a dotación dun peche ao colexio de Nebra e a ampliación do vial de acceso a igrexa de Miñortos.
Redacción Barbanza







