![]()
PORTO DO SON> O alcalde fixo públicas as actuacións que incluirá no Plan de Obras e Servizos da Deputación de A Coruña no Fondo Estatal para o vindeiro ano.
O goberno de Porto do Son transmitirá ós portavoces dos grupos que conforman a corporación as súas propostas a incluír no Plan de Obras da Deputación así como na segunda fase do Fondo Estatal de Investimento Local. Entre elas, figuran a dotación de equipamentos en edificios públicos ou o acondicionamento e posta en valor de varios elementos patrimoniais.
{flowplayer}/barbanza/posportoson.flv{/flowplayer}
Dos trescentos mil euros que lle corresponden a Porto do Son no marco do POS da Deputación para o 2010, o cincuenta por cento destinarase ó gasto corrente do concello. a contía restante destinarase ó ensanchamento e arrranxo do camiño entre o cruce de Vilas e o curceiro da Santiña, un dos principais eixos vertebradores da parroquia de Xuño. C
on respecto á nova aportación do Fondo Estatal, con tres millóns de euros, o executivo sonense proporá a dotación de equipamentos no salón principal da casa da cultura de Portosín, así como a construción de vestiarios no polideportivo de Xuño. Tamén pretenden acometer a recuperación do entorno de varios elementos culturais e patrimoniais, como o cruceiro de Miñortos, a capela de Caamaño ou a fervenza de Ribasieira. Asemade, plantexan a dotación de rede WIFI en todo o municipio.
Moitas das actuacións propostas polo executivo veñen dar continuidade ó anterior plan estatal co que se acometeu o asfaltado de diversas rúas e a dotación de alumeado así como a primeira fase de humanización do entorno da igrexa de Miñortos.
Redacción Barbanza







