Pérez Insua: ‘O alcalde só busca rédito político ca rexeneración da ría’

ppnoiarexeneracion_100.jpgNOIA> O candidato popular presentou as ferramentas coas que dispón o partido de cara á vindeira campaña electoral, a páxina web e a nova publicación ‘A Ponte’

O voceiro do grupo municipal do PP Noia e candidato á alcaldía por esta formación política, Antonio Pérez Ínsua, referiuse á rexeneración da ría como  un novo engano á cidadanía por parte do actual alcalde, Rafael García Guerrero, co fin de sacar un rédito político nos vindeiros comicios municipais.

Gaiolas de salmón

{flowplayer}barbanza/ppnoiarexeneracion.flv{/flowplayer}

Pérez Ínsua quixo abordar tamén outro tema de candente actualidade en Noia como é a instalación das gaiolas de salmón na ría. Segundo el a postura do PP noiés xa quedou clara no pleno extraordinario celebrado por este asunto a pasada semana, aínda así volveu a amosar o seu posicionamento de apoio ó sector na súa loita, facendo unha chamada a un acordo de consenso entre tódalas partes afectadas.

O candidato popular aproveitou tamén a comparecencia ante os medios para dar a coñecer dúas novas ferramentas coas que dispón o partido de cara á vindeira campaña electoral, como son a páxina web: www.ppdenoia.com e a nova publicación. ‘A Ponte’ na que entre outros aspectos, se recollen as liñas do programa de goberno dos populares.

Redacción Barbanza