A POBRA> Traballadores de Correos concentráronse para protestar pola contratación irregular e a acoso laboral que están a sufrir o persoal desta oficina.
As dez menos cuartos da mañá os traballadores de Correos de A Pobra abandonaron os seus postos para manifestarse ás portas da oficina. Con esta mobilización, delegados da CIGA-Correos e traballadores, quixeron facer público o seu malestar contra a apertura de expedientes a tres integrantes do persoal desta oficina por motivos que cualificaron de “sorprendentes”. Ademáis advirten que se se están a vivir situacións de acoso laboral e prácticas irregulares na contratación.
Paralización do servizo postal
Por tal motivo, piden que se depuren responsabilidades e que sexan cesados os xefes ou directivos involucrados, así como que se deixe de criminalizar ao persoal de reparto. As últimas denuncias realizadas dende a central sindical hai unhas semanas xa avisaban destas prácticas. A consecuencia máis grave, aseguran dende o sindicato, foi a paralización do servizo postal durante tres días na parroquia de Sanisidro.
{flowplayer}barbanza/concentracioncorreospobra.flv{/flowplayer}
Non é a primeira vez que o sindicato CIG convoca unha concentración en apoio ao persoal das oficinas de Correos da Barbanza. Anteriormente, os traballadores de Rianxo e de Boiro xa avisaban dunha excesiva sobrecarga de traballo que tiña como consecuencia importantes atrasos no reparto diario de correo.
Dende o sindicato CIGA creen que se poderían estar a dar casos de nepotismo na contratación na zona de Barbanza, polo que, ademáis de denunciar esta situación na Inspección de Traballo, a central poñerá estes casos en coñecementos do tribunais de Xustiza.
Redacción Barbanza