Pequenos e maiores participan na Festa da Malla de Valga

    malla100.jpgVALGA> Logo da sementeira e da sega chegou a Valga a malla. Os máis maiores da zona achegáronse ata o colexio.

    {flowplayer}images/salnes/malla_trigo.flv{/flowplayer}

    VALGA> Logo da sementeira e da sega chegou a Valga a malla. Os máis maiores da zona achegáronse ata o colexio Xesús Ferro Couselo para ensinarlle ós cativos como se traballaba antigamente.

    Esta actividade enmárcase dentro do 3º Encontro Interxeracional posto en marcha polo concello, onde o que se pretende é mostrarlle ós pequenos os distintos procesos de elaboración do pan, iso si, á vella usanza. Esta iniciativa levase a cabo como un entretemento máis, tanto para os rapaces como para os maiores, pero antigamente a malla era un duro traballo.

    Herminia e Carmen, que participan nesta actividade, dan conta das grandes diferenzas que existen entre o mundo de antes e o de agora. Todo un espectáculo que nos traslada anos atrás, onde os que participan quitan as súas roupas máis antigas e trasládanse a unha época na que quedan milleiros de anécdotas.

    Pero isto non remata aquí, agora queda o mellor que é preparar os máis ricos produtos coa fariña obtida. Nesta actividade non só participan os nenos deste colexio. Ata o lugar tamén se achegaron os rapaces do colexio de Bertamiráns, así como membros da asociación Axentiva, das mulleres rurais Albor, da asociación cultural A Eira e de Asmivalu. Todos xuntos gozaron deste día de malla.

    Redacción Salnés