Éxito dos ‘Sábados de Libro’ promovidos polo concello de Ribeira

    RIBEIRA> Máis de medio centro de pequenos volveron encher a Biblioteca Municipal de Riveira cunha nova actividade dos Sábados de Libro. Nesta ocasión, a contacontos Marisa Irimia foi quen marabillou aos rapaces congregados co seu espectáculo “Contos de marmeleiro, anís e limón”. Ademais, a cita contou cuns convidados de excepción, como foron membros integrantes da asociación Ambar. A última actuación incluída nos Sábados de Libro, que promove a Concellería de Educación dentro da programación do Maio Cultural, será o día 31 ás 12 da mañá, co espectáculo ‘Contacontos de libros contentos’, a cargo de Carmen Domech. Coma sempre a entrada será libre e de balde.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí