BOIRO> Os alumnos do obradoiro de emprego Torre Goiáns están a traballar no acondicionamento do parque da Cachada. Trátase dos traballos previos ó comezo das obras de ampliación e rehabilitación da casa da cultura que contan cunha subvención próxima ós tres millóns de euros.
Dende hai varias semanas, os alumnos do obradoiro de emprego de Boiro centran as súas tarefas no parque da Cachada. os do módulo de forestal están a retiras as especies arbóreas en mal estado ou con risco de caída mentres que os de xardinaría están a acondicionar as zonas ornamentais. O obxectivo destes traballos é acondicionar a contorna da casa da cultura da Cahcada antes de que comecen os traballos de reforma e ampliación financiado cunha subvención dos fondos Next generation próxima ós tres millóns de euros.
O goberno local traballa nos trámites para licitar a obra que suporá a rehabilitación integral destas instalacións que contan con moito uso e, na actualidade, se atopan bastante deterioradas.
En paralelo, os operarios municipais traballan tamén na rede de alumeado público da contorna do parque.











