Destacados profesionais da saúde participan no Campus Itinerante de Barbanza Arousa

BOIRO> A Mancomunidade Barbanza Arousa volve poñer en marcha o Campus Itinerante. Inclúe seis ponencias sobre saúde que se desenvolverán nos catro concellos da bisbarra a partir do 29 de marzo.

A primeira cita será en Boiro a última semana de marzo. O mércores 29, o centro social de Escarabote acollerá unha charla sobre os trastornos do sono mentres qeu o venres 30, José Ramón González Juanatey abordará a saúde cardio-vascular no centro social de Cabo de Cruz.  No mes de abril desenvolveranse dúas sesións no concello da Pobra: unha o día 11 sobre a depresión e outra o 14 sobra saúde ocular mentres que o 25 tocaralle a quenda a Rianxo cunha charla sobre nutrición. Pecha o programa a charla sobre xenómica a cargo de Ángel Carracedo o día 9 de maio en Ribeira.

Tódalas sesións serán ás seis da tarde e estarán impartidas por destacados profesionais da Universidade de Santiago.

Os interesados en inscribirse poden facelo xa en calquera dos catro concellos.  Para facilitar a asistencia ó maior número de charlas, a Mancomunidade habilitará un autobús para os inscritos.