![]()
RIANXO> Esta actuación, que se iniciou hai un mes, obrigou a trasladar parte dos servizos municipais e a alcaldía ao antigo edificio dos xulgados.
Dende mediados do mes de agosto os empregados do concello de Rianxo traballan nunhas novas dependencias municipais emprazadas no edificio do antiguo xulgado de paz na espera de que rematen as obras de remodelación da casa consistorial.
{flowplayer}barbanza/reformasconcellorianxo.flv{/flowplayer}
Pero esta reestruturación de dependencias non termina coa remodelación da casa consistorial, xa que este edificio segue a quedase pequeno para acoller todos os servizos municipais. Por tal motivo, no Campo de Arriba xa está proxectado un novo edificio administrativo soterrado baixo a piscina municipal e ampliación do parque infantil. No antigo edificio do xulgado de paz, anexo a casa consistorial, situaranse de xeito definitivo os departamentos de tesourería, intervención, secretario, servizos administrativos e urbanismo.
Ampliación de dependencias
Os despachos do alcalde e a tenente de alcalde están neste inmoble de xeito provisional. Unha vez rematen as obras na casa do concello voltarán o seu antigo emprazamento na primeira planta. A reforma non afectará ao exterior do edificio do concello seguirá conservando o seu aspecto actual. Tampouco se modificarán as súas división internas, polo que as obras consistirán na ampliación salón de plenos e da alcaldía e na instalación dun ascensor.
Mentres dure esta actuación, as sesións plenarias e as vodas previstas estanse a celebrar na Casa da Cultura en Cuartel Vello.
Redacción Barbanza






