Máis de 400 persoas participaron nos cursos de Inmersión Dixital en Vilagarcía

    VILAGARCÍA > Vilagarcía puxo hoxe punto e final ós cursos de Inmersión Dixital. 25 actuacións formativas e 413 alumnos despois, o concello de Vilagarcía clausuraba esta mañá os Cursos de Inclusión e Capacitación dixital. As actividades buscan mellora-las competencias dixitais dos veciños da vila, sexa cal sexa a súa idade ou situación laboral. Os cursos arrancaron no mes de maio e hoxe chegaron ó seu fin por este ano, coa entrega de diplomas ós participantes da derradeira actividade. Durante os últimos días, os alumnos aprenderon a sacar partida á internet á hora de buscar emprego, botando man de novas ferramentas. Outros, fóra xa do mercado laboral, atoparon nestas iniciativas unha vía de acceso ó mundo das novas tecnoloxías. O Concello agarda que para o ano que vén se repita o éxito de participación desta edición.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí