Marta Giráldez asume a presidenta da Fundación Monte Castrove trala dimisión de Xose Ramón Vidal

MEIS> Marta Giráldez será a nova presidenta da Fundación Monte Castrove de Meis trala dimisión do seu compañeiro Xose Ramón Vidal. O concelleiro toma esta decisión tralo escrito firmado por parte dos traballadores do club de golf esixindo a súa marcha. Ambos políticos defenderon a xestión realizada na fundación e sinalan que detrás destas críticas hai cuestións políticas.

A Fundación Monte Castrove é unha sociedade presidida polo goberno de Meis. Dende as últimas eleccións, o cargo ostentouno o concelleiro Xosé Ramón Vidal. Pero este xoves anunciou a súa dimisión. O motivo é unha carta asinada por algúns dos traballadores do Club de Golf esixindo o seu cese ao non estar de acordo coas súas decisións.

Segundo explica o concelleiro, os logos durante estes anos foron varios como devolver os salarios que se debían aso traballadores, sanear as contas do club eliminando a débeda que tiña de 200 mil euros, aumentar nun 15% os socios, crear máis torneos e renovar o campo e os materiais entre outras medidas. Os asinantes pedían ademais un aumento de salario. Xustamente as dúas cuestión que presentou o BNG nunha moción horas ao pouco de presentarse este escrito. Por iso dende o PSOE consideran que detrás desta cuestión hai motivos políticos.

A alcaldesa de Meis indicaba que algúns dos asinantes lle asegurou que foran enganados.

Trala dimisión de Xose Ramón Vidal o cargo o asumirá agora Marta Giráldez. A alcaldesa presidirá a fundación o que resta de mandato e asume o cargo como un reto ilusionante.

O vindeiro día 9 de xuño terá lugar unha nova reunión do patronato da Fundación Monte Castrove, esa será a primeira reunión que Marta Giráldez presidirá no seu novo cargo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí