Vilagarcía acolle o Campionato Galego de 420

vela250_170909.jpgVILAGARCÍA> O Liceo Casino de Vilagarcía organiza o Campionato Galego de 420-Trofeo Caixa Galicia, que se celebrará na Ría de Arousa esta fin de semana, de mañá venres ata o domingo. Antón Paz estivo presente no acto, dando o seu apoio ós participantes locais.

{flowplayer}images/salnes/Vela_170909.flv{/flowplayer} 

Programado a tres xornadas o Campionato Galego de 420-Trofeo Caixa Galicia, reunirá esta fin de semana en Vilagarcía a unha treintena de embarcacións chegadas dende toda a rexión.

Os favoritos a levarse o ouro son o tándem formado por Nicolás Rodríguez e Sergio Crespo, un cambinado do Náutico de Vigo e Liceo Casino, que son os vixentes campións de España da modalidade.

No que se refire ás mulleres outro combinado das Escolas de Vela Caixa Galicia parten como grandes candidatas á victoria: Alejandra Celada e Beatriz Silva, esta última tamén vilagarcián.

No acto de presentación estiveron hoxe representados a Federación Galega de Vela, Caixa Galicia e Autoridade Portuaria. Tamén acudíu o campión olímpico Antón Paz que destacou a importancia desta clase 420 á hora de formar novos talentos para a vela.

Mañá mesmo dará comezo a competición ás 15:00 hrs.prolongándose ata a xornada do domingo para un total de nove mangas, tres por día, que darán os nomes dos novos campións galegos de 420.

Redacción Salnés