Jesús Vázquez: ‘Este é o inicio de curso con menos incidencias’

    conselleiro_educacion100.jpgPONTEVEDRA> O conselleiro de Educación, Jesús Vázquez Abad, inaugurou hoxe o curso escolar de Secundaria.

    {flowplayer}images/salnes/conselleiro_educacion.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez Abad, inaugurou hoxe o curso escolar para os rapaces de Secundaria, e por este motivo visitou esta mañá o IES Luís Seoane de Pontevedra. O conselleiro asegurou que este é o inicio de curso con menores incidencias dende fai anos.

    Máis de 90.000 rapaces de toda Galicia xa comezaron as súas clases, onde destaca o aumento de nenos sen nacionalidade española, un total de 4.000, o que significa un aumento de 300 con respecto ó ano pasado.

    Este curso preséntase con cambios encamiñados, sobre todo, cara os alumnos de bacharelato que verán modificado o sistema de acceso á universidade. Inda que este novo modelo está por determinar, Jesús Váquez declarou que estas modificacións formúlanse co único fin de mellorar a calidade dos estudos no sistema educativo galego.

    Jesús Vázquez tamén realizou unha visita á Escola de Educación Infantil dos Campos, onde declarou que dende a súa consellería tomaranse medidas con respecto ó reforzamento da figura do profesor. A pesares de que inda non pode falar de nada en concreto, considera que esta será positiva para ambas partes. Neste senso quixo afirmar que en Galicia non existen motivo para o alarmismo, xa que o caso de incidencias con respecto a esta problemática é baixo.

    Redacción Salnés