Extrugasa e Xuven completan unha xornada perfecta

baloncesto250_180110.jpgSALNÉS> Esta foi unha gran fin de semana para os conxuntos do Salnés. Gañou o Xuven nun partido moi igualado ante o Obradoiro polo que os cambadeses volven a ser quintos na xeral. O Extrugasa mantense líder da LF2 logo de completar un excelente encontro ante o Bembibre.

En partidos coma este é nos que un equipo demostra que ten madeira de campión. O Extrugasa doblegou a un candidato ó ascenso como o Bembibre co xusto. Á baixa de Andrea Ríos, uníuselle a de Ylenia Manzanares na segunda metade despois dun resbalón desta na pista. Con sete xogadoras e unha delas tocada como Cristina Souza o equipo vilagarcián saíu adiante.

Fíxoo grazas en parte á mellor actuación do que vai de temporada da americana Quaye, que rematou con 25 puntos. O traballo de Ruíz e Gilabert en ataque tamén foi importante ó igual que os minutos dos que desfrutaron Aratxa Mallou e Alejandra Nogueira, que souberon aproveitalos.

A saída do Extrugasa foi boa como de costume e chegaron o remate do primeiro cuarto dez arriba (26-16). Reaccionou o Bembibre trala primeira pausa pero a expulsión da súa adestradora por las súas reitadas protestas ós colexiados desestabilizou ás leonesas. Con todo, chegaron a estar no terceiro período a catro puntos.

Ahí o Extrugasa dixo basta, púxose serio en defensa, subíu o ritmo en ataque e disparou a súa vanataxe que chegou a ser den quince puntos para finalmente quedarse en catorce (84-70). A victoria failles manter o liderato para afrontar o importante choque da semana que ven ante o Pío XII.

Na Liga EBA, o Establecimientos Otero acadou un triunfo de vital importancia ante o Obradoiro Óptica Val (73-64). Un partido igualado de principio a fin que só puido desequilibrar no tramo final Nathan Bowie que con sete puntos consecutivos desnivelou a balanza do lado dos cambadeses.

Volven a ser quintos na xeral, á espera de visitar a semana que ven ó líder Feve Oviedo e coa vista posta no Xiria-Ourense, que definirá as posibilidades do Xuven de loitar polo ascenso na última xornada ligueira.

Redacción Salnés