![]()
SALNÉS > Esta fin de semana dispútase a 14ª xornada ligueira en Terceira División. Especial interese ten o partido que no Salvador Otero xogará o Céltiga ante o Santa Comba, quinto contra terceiro. Os da Illa saben que unha victoria os metería de cheo no grupo de cabeza.
Non é un partido decisivo ou definitivo, nin moito menos, pero sí pode marcar a tendencia do Céltiga este ano. Así o cre Josiño Abalde. O seu equipo recibe a un Santa Comba que chega en terceira posición na táboa e confirmándose semana a semana como un claro candidato a meterse a final de liga na fase de ascenso. Non estarán no Céltiga por lesión Albert e Rubén, que sufríu esta semana un escordadura nun dos seus xeonllos. Tamén causará baixa Nacho, sancionado por acumulación de tarxetas. Os bos resultados acadados fóra da casa nas últimas dúas semanas fan que os xogadores do Céltiga afronten con optimismo este importante encontro.
Outro que xogará na casa será o Vilalonga, que recibe ó Alondras. Os de Cangas representa na Terceira o fútbol combinativo e de ataque, xogando cun esquema 4-3-3 que os fai moi incisivos arriba, con xogadores de calidade como Edgar, Tomás ou Santi Domínguez. Gabi Leis, non poderá contar para este encontro co capitán Quito, que continúa lesionado por rotura de fibras, mentres que Luismi é dúbida. Machu, recuperado tras un mes no dique seco, entrará na convocatoria con case total seguridade aínda que a súa presencia no once inicial non está garantizada.
Despois do partido tolo ante o Negreira, o Arousa buscará o triunfo en Lalín a sabendas de que ten que mellorar na faceta defensiva, moi cuestionada nas últimas semanas. Enfronte, o conxunto de Acevedo, en clara ascensión despois dun mal inicio. É un rival moi incómodo ó que lle gusta xogar directo. Empataron a semana pasada in extremis no Morrazo ante o Alondras, pero sen dous dos seus xogadores máis importantes, os centrocampistas Manu e Ángel, que sí estarán este domingo para complicárlle-la vida ó Arousa.
Por último, pero non menos importante, o encontro do Portonovo ante o Somozas. Os de Milucho, despois de facerse fortes na casa nas últimas semanas saben da importancia dunha victoria neste partido ante un rival directo a día de hoxe por eludi-lo descenso. Co apretada que está a clasficación pola zona baixa, tres puntos lles servirían para afastarse dos postos de perigo.
Ademais, esta fin de semana deixarán estes partidos en Preferente Autonómica: Barco-Unión do Grove; Ponte Ourese – Sanxenxo e Cultural Areas – Ribadumia.
Redacción Salnés







