O Concello colocará cámaras na rede de saneamento de Vilaxoán

    vertido_vilaxoan100.jpgVILAGARCÍA> O Concello introducirá cámaras especiais na rede de saneamento para detectar conexións ilegais en Vilaxoán.

    {flowplayer}images/salnes/vertido_vilaxoan.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> A Concellería de Xestión do Territorio pretende atallar de raíz os problemas dos vertidos de augas residuais que periodicamente se rexistran na zona do peirao de Vilaxoán. Entre as medidas previstas para investigar estes vertidos está a colocación de cámaras especiais na rede de saneamento. A intención é detectar as posibles conexións ilegais que se poidan ter realizado á rede local.

    Os responsables municipais sospeitan que as últimas verteduras de augas residuais teñen unha orixe industrial. Pensan isto pola desmesurada cantidade de residuos que atascaban a rede e que causaron as avarías do bombeo do saneamento, producindo así a evacuación dos residuos ó mar a través dos aliviadoiros.

    O Concello está á espera de recibir os resultados das análises das mostras tomadas das verteduras para coñecer a súa composición, xa que, en función das substancias presentes poderase pechar a pinza dos posibles responsables. Para ir adiantando, o Concello ordenou xa iniciar unha revisión das licencias urbanísticas concedidas no seu día a empresas da zona para determinar se as instalacións se axustan ós proxectos.

    Redacción Salnés