Falecen dous traballadores de Amegrove ó caer nunha fosa de decantación

    falecidosamegrove copia.jpg GROVE> A inhalación de sulfuro de hidróxeno barállase como a principal causa da morte. O rescate dos corpos requiriu a intevención de equipos especiais.

    {flowplayer}images/salnes/AccidenteLaboralGrove_210912.flv{/flowplayer}

    José manuel Otero Aguiño, de 25 anos e José Daniel Franco Inglesias de 58 faleceron esta tarde na fábrica de Amegrove en Porto Meloxo, no Grove. Eras as 5 e media da tarde cando Protección Civil recibía a alerta. Minutos despois chegaban ó lugar do suceso e malia que retiraron os corpos con dilixencia, nada puideron facer por salvarlles a vida.

    Os feitos aínda están por esclarecer. As primeiras hipóteses apuntan a que o máis xoven, José Manuel Otero, caeu polo buraco dunha fosa de decantación, un lugar que habtualmente está pechado e que se limpa con bombas de succión. O segundo, José Daniel Franco, acudíu no seu auxilio para intentar sacalo.

    Cando chegaron os equipos de emerxencia e atoparon os cadáveres os explosímetros dos bombeiros certificaron a presencia en gran cantidade de sulfuro de hidróxeno no cubículo no que caeron as vítimas, de 4 metros cadrados e 3 metros e medio de profundidade. A inhalación deste gas foi o causante das mortes.

    Membros de Protección Civil retiraron ambos corpos utilizando equipos especiais de protección individual. Ata o lugar desprazáronse moitos veciños da zona onde se viviron profundas escenas de dor.

    Redacción Salnés