A Arousa Party arrinca o 25 de setembro cos torneos de Wii e PS3

    party_100_180909.jpgVILANOVA> As eliminatorias desta competición informática celebraranse por parroquias. Os seleccionados enfrontaranse na final dos 11, 12 e 13 de decembro.

    {flowplayer}images/salnes/arousa_party.flv{/flowplayer}

    Este é o quinto ano que se celebra a Arousa Party Wifi en Vilanova, unha serie de torneos infantís e xuvenís que reunen durante varios días a afeccionados do municipio. Alí poderán compartir a súa experiencia e coñecementos, participando tamén en diferentes talleres, conferencias, cursos, competicións e demais actividades.

    Nesta ocasión farase un campionato en cada parroquia, de onde sairán os finalistas para competir na final os días 11,12 e 13 de decembro en Vilanova, á que chegarán dúas persoas por parroquia. As competicións daranse nas distintas casas de cultura dende o 25 de setembro ó 5 de decembro os sábados de 10 da mañá a dúas tarde. Os venres destinaranse ás inscricións e adestramentos de 4 a 8 da tarde.

    Os torneos que se disputarán serán o Wii e o PlaysStation 3, onde se farán grupos por idades e no que se levarán a cabo diferentes xogos. Os participantes disporán de todos os equipos necesarios, destinándose algunhas das máquinas para aqueles que queiras realizar xogos libres.

    Unha das súas finalidade é que, a través de todas as actividades que se desenrolarán, se coñeza un pouco mellor o que son as TIC, Tecnoloxías da Información e da Comunicación. Espérase unha alta participación, que incluso chegue a superar á do ano anterior, cando se pasaron pola Arousa Party e a zona de xogos un total de 1.500 persoas.

    Redacción Salnés