A Consellería do Mar destinará máis de 2 millóns de euros para a repoboación dos bancos marisqueiros

VILAGARCIA>  A consellería do Mar pon a disposición do sector marisqueiro máis de 2 millóns de euros en axudas para a recuperación das zonas de produción. As accións subvencionables estarán destinadas á repoboación dos bancos marisqueiros, adquisición de semente ou recollida de lixo. Ademais a consellería tamén porá en marcha un proxecto para instalar minicriadeiros de semente en diferentes puntos da costa galega.

A consellería do mar quere compensar o esforzo que o sector marisqueiro leva realizando durante todo o estado de alarma. Para iso, dende a xunta, poñen en marcha tres liñas de axudas para a recuperación das zonas de produción. A primeira delas está destinada á repoboación dos bancos marisqueiros.

A segunda está destinada a adquisición de semente e á loita contra especies invasoras.

E a terceira da continuidade ao proxecto iniciado o ano pasado para a recollida activa do lixo mariño.

Ademais destas axudas, a consellería do mar está levando a cabo un proxecto, dotado con máis de 10 millóns de euros, para a creación de microcriadeiros en diferentes puntos da costa galega co obxectivo de paliar a insuficiencia de marisco e cubrir así as necesidades do sector.

Trala visita ao Intecmar, a conselleira desprazouse a autoridade portuaria de Vilagarcía para reunirse co presidente da entidade, José Manuel Cores Tourís, e a presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas. O encontro tiña como obxectivo o intercambio de pareceres sobre a operatividade e competitividade do porto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí