
SALNÉS> A ponte da Constitución despídese con bo sabor de boca para o sector hostaleiro. Concretamente, en O Grove o balance foi moi positivo, cun 60% de ocupación. Unhas boas cifras que a asociación explica en parte polo reclamo das xornadas gastronómicas da centola organizadas no concello. Noutros puntos, como Vilagarcía, o bo tempo favoreceu que houbera máis ambiente nas rúas.
Os hostaleiros de O Grove despediron a ponte da Constitución cun balance positivo. De feito, superáronse as expectativas.
Tamén máis establecementos se animaron a abrir as súas portas, un indicativo de que as previsións eran máis optimistas que noutros anos.
Ademais do bo tempo, dende a asociación apuntan ao éxito das Xornadas Gastronómicas de Exaltación da Centola, que funcionaron como un bo reclamo para atraer visitantes ao Grove. Un paso máis cara a desestacionalización do turismo, que segue a ser unha tarefa pendente.
Noutros puntos da comarca, como en Vilagarcía, a maior afluencia de xente tamén se notou a pé de rúa. Os catro días libres que gozaron os máis afortunados nesta ponte, animou o ambiente previo ao Nadal.
O Nadal é a seguinte cita importante para o sector. Segundo explica Beatriz Castro, os establecementos xa notan unha forte demanda para a celebración de ceas de empresa, aínda que haberá que agardar para coñecer as expectativas de ocupación.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/09/ocupacion_ponte_decembro.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/09/ocupacion_ponte_decembro.mp4{/flowplayer}









