Os pais dun ex alumno do Piñeiriño demandan ó centro por neglixencia

    denuncia_neno_sen_dedo_100_180909.jpgVILAGARCÍA> Hai dous anos, un accidente durante o recreo deixou ó seu fillo sen un dedo da man. A familia sostén que entón ningún mestre vixiaba ós cativos.

    {flowplayer}images/salnes/denuncia_neno_sen_dedo.flv{/flowplayer}

    Os pais do pequeno Gonzalo de 10 anos, recurreron ó Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para denunciar o accidente que o neno sufriu fai case dous anos. Todo comezou o 28 de decembro do 2007, cando o rapaz se accidentou no patio do colexio O Piñeiriño, en Vilagarcía. Ó neno, que estaba xogando cun amigo, caeulle nunha man unha pedra. O que en principio parecía un simple golpe, derivou nunha necrose que provocou a extirpación dunha falanxe da man esquerda do rapaz.

    A nai do pequeno pide que o colexio se faga responsable do acontecido, posto que no momento do accidente, segundo afirma, o patio carecía de vixilancia por parte dos responsables do centro. Inmaculada tamén pide que de algún xeito se compense os problemas que o menor sufriu a consecuencia do acontecido. O neno tivo que abandonar as súas actividades, estando practicamente incapacitado durante os catro meses seguintes ó accidente. Por todo isto, así como pola baixada que sufriu no rendemento escolar, os pais de Gonzalo reclaman preto de 45.000 euros polo que eles consideran unha conduta neglixente por parte dos profesores. Por outra banda, nos informes que o centro remitiu a Educación fálase tamén de neglixencia, pero por parte do persoal sanitario ou, en todo caso, da familia. Tamén nos mesmos, segundo Inmaculada, cualificaban ó pequeno de hiperactivo, algo que a súa nai desminte ó apuntar que non existe ningún informe que o faga constar .

    Agora Gonzalo trata de retomar a súa vida normal noutro centro educativo, inda que polo momento segue baixo tratamento psicolóxico.

    Redacción Salnés