Vilalonga e Céltiga buscan a victoria na cuarta xornada

vilalonga250_180909.jpgSALNÉS> Os de Gabi Leis visitan o campo dun equipo que volve a ser este ano un dos máximos favoritos o título, o Cerceda. O Céltiga medirase ó Bergantiños.

{flowplayer}images/salnes/vilalonga_180909.flv{/flowplayer} 

Visita complicada a que debe afrontar o Vilalonga este domingo. O Roxo, campo do Cerceda, o equipo que para a gran maioría dispón do mellor plantel da Terceira galega. Non é o rival máis adecuado para o Vilalonga arestora. Tres xornadas no que sumaron tan só un empate. O xogo colectivo está a ser bo pero pécase de inocencia nas dúas áreas.

Pero de pouco serve lamentarse, sobre todo cando tan só van tres xornadas de liga. Ben é certo que o inicio está a ser duro polos rivais de categoría ós que se tiveron que enfrontar e que a verdadeira liga principiará a xornada que ven. 

O Cerceda, con  xogadores como Cabrejo, Rodri, Franqueira ou Felipe é temible, posúe mellor platel. Con todo os celestes agárranse ó exemplo do Pontevedra B, que foi quen de gañarlle na primeira xornada. Non descartan por iso, dar a sorpresa.

No Vilalonga, Gabi Leis non poderá contar cos lesionados Sarró e Leo, ós que hai que sumarlle a Suso e Costas, de longa duración. Os que sí poderá estar será Melchor, recuprado das súas molestias nas costas. O balnace das visitas do Vilalonga ó Roxo é de seis derrotas, tres empates e dúas victorias. Agardemos que o domingo chegue a terceira.

RESTO DA XORNADA

O Vilalonga xoga o domingo ás seis da tarde á mesma hora que o outro equipo do Salnés na Terceira, o Céltiga, que desprázase ata o campo do Bergantiños. Os de Pablo Vázquez enfróntanse a un recén ascendido que ven de gañar ó Santa Comba e que quererá brindarlle a súa afección o primeiro triunfo como local. O Céltiga, despois da derrota da semana pasada ante o Cerceda busca darlle continuidade ó bo xogo que amosaron.

Ademais, na Preferente Sur, o único que xoga en casa será o Ribadumia que recibe ó Tomiño o domingo ás 17:30. Á mesma hora o Portonovo ten unha visita a priori sinxela ante o Nogueira de Ramuín, pechacancelas de xeral. Antes ás cinco, Choco- Cambados e Marín-Arousa, e para as seis quedará o encontro entre Porriño Industrial e Xuventú de Sanxenxo.

Redacción Salnés