![]()
SANXENXO / MEAÑO > Nantes quixo expresar a súa repulsa contra a violencia de xénero na concentración convocada conxuntamente polos concellos de Meaño e Sanxenxo. Máis de 200 persoas manifestaban ó seu rexeitamento á violencia doméstica con motivo do asasinato a mans do seu home a semana pasada, de María del Carmen Fontán.
Uns minutos de silencio gardaron este mediodía os veciños de Sanxenxo, Meaño e outros concellos que quixeron sumarse á concentración en repulsa polo asasinato de María del Carmen Fontán. A veciña de Nantes que faleceu a semana pasada de mans do seu marido. A responsable do CIM de Sanxenxo, Bea Millán, daba lectura a un emotivo manifesto no que denunciaba os malos tratos no seo da familia e no que pediu o cese destes crimes e que se tomen as medidas precisas por parte das autoridades.
Tralo manifesto procedeuse ó acendido dunhas candeas en memoria das vítimas para concienciar sobre esta lacra social. A manifestación reuniu a máis de duascentas persoas entre as que se atopaban autoridades de todos os partidos políticos de varios concellos e da Xunta. 
Para moitos dos concentrados tratouse dun acto emotivo xa que algúns coñecían á finada e non entendían que actos de violencia como o que a semana pasada sesgaba a vida de Carmen Fontán puideran ocorrer.
Redacción Salnés







