A mancomunidade do Salnés inicia un novo curso de manexo de drones pensando nos traballos do futuro

VILAGARCÍA> Os participantes do obradoiro de emprego da mancomunidade do Salnés prepáranse para os traballos do futuro. O programa estreou unha nova edición do curso de manexo de drones. Os 12 alumnos desprazáronse a xiabre para revisar os muíños eólicos utilizando esta nova tecnoloxía.

O obradoiro de emprego da mancomunidade do Salnés deu inicio a un novo curso de manexo de drones. O obxectivo destas accións formativas é que os alumnos adquiran habilidades no emprego das novas tecnoloxías. A primeira das prácticas consistiu na revisión das pas dos muíños eólicos.

O curso de manexo de drones está enfocados a novos nichos de mercado. As posibilidades laborais que se abren con esta nova tecnoloxía son moi variadas.

Dende a mancomunidade sinalan o importante que son estes cursos para formar aos participantes nas novas tecnoloxías e aumentar así as súas posibilidades de incursión no mercado laboral.

As empresas aumentan a súa demanda polos alumnos con esta formación.

Esta edición do obradoiro de emprego está chegando ao seu final. Nas próximas datas o alumnado deste curso terá unha práctica con tecnoloxía submarina. Pola súa parte, a mancomunidade xa prepara unha nova edición do seu obradoiro de emprego onde non faltará a aposta polas ensinanzas en novas tecnoloxías.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí