O PP de Caldas valora de forma moi positiva o ano de Núñez Feijóo

    pp_caldas_copia100.jpgCALDAS> O Partido Popular de Caldas presentou esta mañá os datos das inversións que fixo a Xunta de Galicia na comarca. O deputado Jesús Goldar afirmou que Caldas de Reis estaba completamente esquecida polo bipartito.

    {flowplayer}images/salnes/BALANCE_PP_CALDAS.flv{/flowplayer}

    Os populares de Caldas mostráronse moi satisfeitos coas intervencións que está a facer o executivo autonómico da comarca. Segundo o deputado Jesús Goldar Alberto Núñez Feijóo está a facer nun ano máis do que fixo o bipartito en 4. Tras analizar os datos das inversións, a Xunta de Galicia investiu máis de 24 millóns de euros na comarca.

    O deputado popular salientou compromisos tan importantes como a mellora do trazado entre Caldas e Moraña e a construción de albergues de peregrinos en Valga, Pontecesures e Caldas. Tamén subliñou o convenio que se está a piques de firmar para a recuperación das praias fluviais de Portas.

    Jesús Goldar destacou a predisposición de Núñez Feijóo para axudar á comarca de Caldas e puxo como exemplo a solicitude de saneamento de Bemil.

    Goldar afirmou que o presidente da Xunta está a facer un esforzo importante para rematar coa herencia económica do bipartito recortando gastos superfluos.

    Redacción Salnés