Verdegaia alerta sobre a perigosidade da plan de gas do polígono de Xarás

    recursoverdegaia_100_24092009.jpgRIBEIRA> A asociación ecoloxista presentou un recurso contra a instalación  desta factoría por risco medioambientais e de seguridade cidadá.

    A pesar de que este planta ten carácter provisional, mentres non entre en funcionamento o gasoducto do Barbanza, Verdegaia dubida do carácter temporal desta instalación. Entenden que non está xustificada a súa necesidade posto que o proxecto do gasoduto xa se está a tramitar dende hai un ano e xa comezaron as obras da rede municipal de distribución.

    {flowplayer}barbanza/recursoverdegaia.flv{/flowplayer}

    Por este motivo, consideran que é pouco o tempo que se gañaría levando o gas ós primeiros fogares en comparación coas afeccións ambientais que supón a creación da planta.

    No seu recurso de alzada, presentado despois dun ano do recurso inicial, destacan os perigos derivados do tránsito diario dos tanques de gas natural para as máis de doce mil persoas que habitan nas proximidades da rota que une a planta de Reganosa en Mugardos con Ribeira. Ós riscos de posibles accidentes súmanse os efectos contaminantes coa emisión de gases no proceso de regasificación. I

    Dende Verdegaia consideran tamén que ó tratarse dunha planta de gas telexestionada, sen persoal de atención, debería contar cun mellor sistema de control cun completo plano de emerxencias que evite as posibles incidencias que se poden rexistrar nunhas instalacións destas características.

    Redacción Barbanza