500 maiores participan no Xantar da Terceira Idade de Boiro

BOIRO> Boiro celebrou este mediodía o seu tradicional xantar da terceira idade. Tras dous anos sen celebrarse os maiores disfutaron por fin deste encontro de confraternidade para seguir estreitando lazos cos veciños.

Ás dúas da tarde comezaban a chegar os convidados ó pavillón de Barraña. As amplas instalacións deportivas vestíronse de gala para acoller este encontro que os maiores de Boiro levaban dous anos agardando.

Ademais de disfrutar dun menú servido polo restaurante Chicolino, os asistentes tiveron ocasión de compartir mesa con amigos e veciños nunha xornada que se prolongou ata ben entrada a tarde co baile amenizado por Mar Davila.

Non faltaron as autoridades. Xunto co alcalde, Xosé Ramón Romero, asistiron ó encontro o director xeral de Inclusión da Xunta de Galicia, Arturo Parrado, e o presidente da Deputación da Coruña; Valentín González Formoso.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí