O MARM espera acabar as obras da Lanzada antes dun ano

    obras_lanzada100.jpgO GROVE> O secretario xeral do Mar, Juan Carlos Martín Fragueiro, inaugurou hoxe as obras da praia da Lanzada.

    {flowplayer}images/salnes/obras_lanzada.flv{/flowplayer}

    O GROVE> O secretario xeral do Mar, Juan Carlos Martín Fragueiro, presidiu hoxe a inauguración das obras de recuperación ambiental na praia da Lanzada, que contan cun investimento estatal de millón e medio de euros. A obra ten un prazo de execución dun ano, pero Martín Fragueiro confía en reducilo.

    As obras xa levan quince días executándose e prevén a retirada e soterramento das liñas eléctricas, o peche das dunas, novos accesos peonís á praia e a remodelación do aparcamento central. Estas obras corresponden á segunda fase, continuación da desenvolvida en 1997, cando se retirou a antiga estrada paralela á praia.

    A terceira fase afectará xa a terreos de Sanxenxo e, segundo indicou o secretario xeral do Mar, podería iniciarse xa o vindeiro ano.

    Redacción Salnés