CALDAS> O alcalde de Caldas conseguiu por fin a reclamada reunión con Augas de Galicia. Celebrouse onte na delegación da Xunta en Pontevedra, e Juan Manuel Rey aproveitou para esixir a colaboración da administración autonómica no saneamento das aguas do Umia. Pola súa banda, dende Aguas de Galicia insistiron: a auga do encoro é potable e non ten toxina a pesares da presenza de algas.
Novo chamamento á calma da Xunta de Galicia sobre o estado do encoro de A Baxe. Desta volta foi o director de Augas de Galicia quen asegurou que a auga está libre da toxina microcystina, a pesares da presenza de algas.
Onte a Delegación da Xunta en Pontevedra acolleu o reclamado encontro entre Augas de Galicia e membros da corporación de Caldas, encabezados polo seu alcalde. Segundo o director do ente autonómico, os controis son moi rigorosos para evitar problemas.
Menos optimista é o alcalde coa situación do Umia. Juan Manuel Rey insistiu en que o concello é o único que está a facer esforzos para garantir a potabilidade da auga, e reclamou a axuda da Xunta para saneala. Tamén reclamou unha actuación integral que recupere o río.
Dende Augas de Galicia recordaron que o episodio deste ano está lonxe dos vividos noutros momentos. Entre eles, o rexistrado hai máis de 6 cando se acadaron os niveis máis altos de presenza da alga.