Unha cea-cocktail no Casino da Toxa para recadar fondos para Cáritas

    degusta_solidaridadcopy.jpgGROVE> Trátase dunha iniciativa solidaria posta en marcha por un grupo de persoas relacionadas coa hostalería. Terá lugar o 18 de xuño.

    {flowplayer}images/salnes/DEGUSTA_SOLIDARIDAD.flv{/flowplayer}

    Recadar a maior cantidade posible de diñeiro para á adquisición de alimentos básicos que serán cedidos a Cáritas para o seu reparto entre as familias máis necesitadas da comarca do Salnés. Este é o obxectivo co que naceu ‘Degusta Solidaridad’. Trátase dunha cea-cocktail posta en marcha por un grupo de persoas relacionadas coa hostalaría e a restauración que se desenvolverá o 18 de xuño no Casino de A Toxa. Todo o que se recade será destinado a esa ONG.

    Deste xeito, nunha das salas do Casino, con aforo para unhas cen persoas, haberá diferentes postos, ocupados por cada un dos colaboradores. Entre eles estarán, por suposto, os organizadores: Mónica Novas, José Soto, Javier Olleros, Óscar de Toro e José Manuel Miguez Cid.

    A entrada terá un custe de dez euros, que cada persoa poderá incrementar tanto coma o desexe. Así mesmo toda empresa ou particular poderá facer a súa aportación con alimentos. E existe tamén o que denominaron ‘cuberto cero’. Quen queira poderá mercar a entrada á cea, aínda que non asista, para colaborar. 

    Con todo, desde a organización animaron a veciños do municipio e dos arredores da comarca a participar nesta iniciativa solidaria. A cea comezará ás nove da noite e prolongarase durante catro horas.

     Redacción Salnés